Bandeira azul

Como usuario/a dun porto deportivo, vostede tamén pode contribuír coa campaña Bandeira Azul:

  • Siga as indicacións dos pictogramas adxuntos (que se achegan) e do persoal do porto ou praia.
  • Contribúa a un desenvolvemento sustentable a nivel local. Compórtese de xeito responsable e aforre auga, combustible e electricidade.
  • Axúdenos coas súas críticas e suxestións a manter o nivel de calidade ambiental desexable. Diríxase a ADEAC, por correo, fax ou e - mail, incluíndo: nome da localidade e da praia ou porto Bandeira Azul, data, hora, problema detectado ou suxestión de mellora e dirección de contacto para responderlle.

Nos portos deportivos, existe outra posibilidade de participar a nivel individual na campaña Bandeira Azul . Existe a posibilidade de conseguir unha Bandeira Azul para embarcacións.

 

¿Como obter a Bandeira Azul para embarcacións?

 

Os patróns de embarcacións interesados en colaborar coa campaña Bandeira Azul, son os que deberán solicitar este galardón.

  1. Manifestar interese pola campaña nas oficinas do porto, para que aquí se lle dea toda a información necesaria sobre a campaña, o que inclúe o código de conduta no mar Bandeira Azul .
  2. Os interesados deberán comprometerse a actuar de xeito reflectido no código de conduta, mantendo unha actitude de respecto e coidando do medio mariño. Dando exemplo a outros patróns e animándolles a cumprir o código de conduta, denunciando os excesos e as malas prácticas doutras embarcacións.
  3. O porto enviará unha documentación acreditando os méritos do patrón e certificando que cumpre coa campaña. Esta información será analizada por ADEAC - Fee. Se ADEAC entende que o patrón é merecedor, poderá obter unha Bandeira Azul para a embarcación.

Login K2

We use cookies on our website. Some of them are essential for the operation of the site, while others help us to improve this site and the user experience (tracking cookies). You can decide for yourself whether you want to allow cookies or not. Please note that if you reject them, you may not be able to use all the functionalities of the site.