
Para iso, o REAL CLUB NÁUTICO PORTOSÍN decidiu desenvolver un Sistema de Xestión conforme ós Requisitos definidos na Norma UNE-189004:2009 e o Regulamento EMAS III, no que o alcance inclúe tanto a Xestión de Amarres e a Subministración de Auga, Luz e Combustible a embarcacións deportivas, as actividades da nosa Escola de Vela e a organización de Eventos Náutico-deportivo, como un mecanismo sistemático que garanta a calidade dos procesos da organización. Comprométese así mesmo a cumprir a Política de Calidade e Xestión Ambiental desenvolvida neste documento, e a supervisar para que todo o persoal do REAL CLUB NÁUTICO PORTOSÍN respecte as disposicións descritas no Manual de Xestión.
O noso obxectivo é que a calidade dos servizos ofrecidos cumpran cos requisitos e expectativas dos nosos clientes, asegurando así o éxito a longo prazo da empresa e o respecto polo medio ambiente. Para iso, establece os seguintes principios:
-
O empeño por satisfacer os requisitos e expectativas dos nosos clientes, usuarios e outras partes interesadas, analizando e minimizando á vez os riscos ambientais.
-
A nosa Calidade e compromiso co medio ambiente son o resultado das accións planificadas e sistemáticas de PREVENCIÓN, DETECCIÓN, CORRECCIÓN e MELLORA CONTINUA durante todo o ciclo.
-
Compromiso do cumprimento dos requisitos legais e regulamentarios aplicables ó club, así como o cumprimento daqueles de carácter voluntario aos que decidamos adherirnos.
-
Fomentar a realización de actividades náuticas complementarias con relevancia social e/ou deportiva así como colaborar na difusión do turismo da rexión.
-
A base fundamental da forza do REAL CLUB NÁUTICO PORTOSÍN reside nos seus empregados, aos que procuraremos en todo momento un espazo de traballo que facilite motivación, formación, competencia e satisfacción pola súa contribución e responsabilidade na calidade do seu traballo.
-
A Calidade está no traballo coordinado de tódalas áreas da empresa, cada unha delas asume directamente a vinculación entre o cliente e o provedor dos servizos de cada un dos departamentos e persoas da organización tentando aproveitar a vertente de información resultante como ferramenta de mellora continua.
-
Adoptar todas aquelas medidas que entren dentro das posibilidades de REAL CLUB NÁUTICO PORTOSÍN para a prevención de accidentes que poidan ter repercusións para a saúde humana e o medio ambiente.
-
Documentar, revisar, actualizar e comunicar o noso compromiso co medio ambiente.
-
A Política proporciona o marco de referencia para que a dirección defina e revise periodicamente obxectivos de calidade e xestión ambiental.
En Portosín, a 20 de octubre de 2015
Jorge Arán Echave
Presidente
Real Club Náutico Portosín
