Benvida

presidenteVés de acceder á páxina web do Real Club Naútico Portosín, entidade de carácter náutico deportivo sen ánimo de lucro, situado ao sueste do Cabo Fisterra e ao nordés do Cabo Corrubedo, no privilexiado enclave que forma a Ría de Muros e Noia, separándonos escasos 30 km. de Santiago de Compostela, o que nos converte no porto deportivo máis próximo á capital galega. Unha entidade creada para o fomento da práctica das actividades náuticas, con especial atención á navegación a vela en tódalas súas formas, dispoñendo para iso dunha escola que trata de facilitar o coñecemento desta marabillosa forma de navegación a todos os interesados nela.

 

Nin que dicir ten, que neste clube hai lugar para outras e diferentes formas de disfrutar do mar, especialmente a sección de pesca deportiva e existindo tamén un progresivo aumento dos afeccionados á actividade de remo e mergullo.

Somos unha sociedade hospitalaria que goza coa chegada dun gran número de navegantes en tránsito, que nos visitan ano tras ano e aspiramos a que ese número siga medrando como resultado da satisfacción que estar entre nós lles reporte.

Esperamos e desexamos que esta visita á nosa páxina web provoque un próximo encontro nas nosas instalacións.

 

Un afectuoso saudo,
Jorge Arán Echabe,
Presidente

Login K2

We use cookies on our website. Some of them are essential for the operation of the site, while others help us to improve this site and the user experience (tracking cookies). You can decide for yourself whether you want to allow cookies or not. Please note that if you reject them, you may not be able to use all the functionalities of the site.