Código de conducta no mar

Os propietarios e usuarios de embarcacións e todas aquelas persoas que utilicen os recursos que ofrece o mar, que o amen e desexen que sexa protexido, poden participar na Campaña Bandeira Azul de Europa comprometéndose mediante a firma do seguinte compromiso persoal:

  • Esforzareime todo o posible por comportarme de xeito compatible e sen causar prexuízos aos demais usuarios do mar.
  • Axudarei a defender os espazos protexidos, reservas naturais e as áreas de importancia científica.
  • Defenderei a vida mariña. Respetarei os espazos protexidos, non perturbarei as áreas de nidificación de aves e respetarei aos mamíferos mariños e outras especies ameazadas
  • Procurarei informarme sobre a localización e características das áreas sensibles e os ecosistemas protexidos, para evitar así causarlles danos accidentalmente.
  • Non degradarei os fondos mariños fondeando en zonas sensibles nin onde poida interferir coas actividades ou equipamentos dos pescadores e mariscadores; respetarei as regulamentacións relativas á pesca subacuática.
  • Manterei o mar e a praia limpos:
    • Non arroxando ningún material plásticos ó mar.
    • Non vertendo ou deixando escapar líquidos nocivos ou tóxicos, ou calquera substancia perxudicial dentro do mar.
    • Non arroxando lixos de ningún tipo ó mar ou á praia.
  • Denunciarei ante as autoridades competentes calquera atentado á lexislación mariña do que teña coñecemento, especialmente os accidentes e contaminación por hidrocarburos ou outras substancias químicas de orixe terrestre.
  • Empregarei, sempre que sexa posible, produtos que non sexan agresivos contra o medio ambiente (pinturas, vernices, “anti- fouling”, quitapinturas, deterxentes, etc.)
  • Depositarei os restos de pinturas, vernices e aceites do barco nos recipientes adecuados para residuos contaminantes, que favorezan a súa reciclaxe ou tratamento especial de xeito diferenciado ó resto dos lixos ou augas residuais.
  • Realizarei un esforzo para estimular un comportamento semellante entre os responsables de embarcacións e outros usuarios do mar cos que manteño relación, procurando que as miñas actividades no mar respecten os seus dereitos.

Login K2